O Rei das Tartas, despois de afianzar sete negocios de franquía da marca en Galicia e León, decidiu buscar a súa implantación nos principais puntos de España e noutros países onde residen galegos.
Por eso encargouse de:
- Reformular a imaxe corporativa para as novas tendas e adecuar as existentes, seguindo a liña de arquitectura dun pazo coa insignia de 'O Rei das Tartas'.
- Xestionar importantes acordos para incorporar e ampliar a gama que se ofrece de produtos artesáns de Galicia.
As nosas tendas son rendibles en:
- Centros comerciais onde os alugueiros son máis altos.
- Zonas comerciais céntricas.
- Puntos turísticos, onde podemos achegar o turismo organizado en autobuses, froito de acordos que temos cos principais operadores turísticos.